u-lo as fadas?

O mundo dun pequeno é fresco, novo, fermoso, está cheo
de sorpresa e entusiasmo. É unha desgraza que, na maioría de
nós, esa visión lúcida, ese instinto natural que temos polo que
é fermoso e impresionante, se debilite ou mesmo se perda antes
de chegarmos á idade adulta. Se tivese cuña coa fada que supostamente está encargada de abeizoar todas as crianzas, pediríalle
que escollese de agasallo para cada unha delas un sentido do
abraio tan indestrutible que lles durase toda a vida, como un
antídoto infalible contra o aborrecemento e o desencanto que
han vir cos anos, contra a preocupación estéril por cousas que
son artificiais, contra a alienación das orixes da nosa fortaleza.

https://lectura.social/book/163945/s/o-sentido-do-abraio

#natureza #educación #libros #RachelCarson