Bueno, pois de momento seguimos adiante co proxecto este de retransmitir polo Twitch o Star Wars: Galaxy Of Heroes (SWGOH) en galego e axudar a quen non sabe. En principio vai estar enfocado ao xogo temperán ("early game"), é decir para que quen empece non tolee demasiado rápido e abandone o xogo ao pouco tempo de empezar.

#SWGOH #gamers #titoriais #twitchengalego

Polo menos conseguín solucionar o tema da latencia (de momento😅) e semella que vai ben. Seguiremos con probas durante a vindeira semana.

O nome da canle é o mesmo que en todalas miñas redes sociais: BREOGAHN, podería crear canle específica para elo pero padezo vaghitis con palanquinitis. 😅 🤷‍♂️