Entre os favoritos desta edición, o candidato taiwanés ao Óscar de mellor filme internacional, de que xa falei aquí noutra ocasión:
Hoxe soubemos que o candidato taiwanés á próxima edición dos Óscares sería a comedia Marry My Dead Body. Difícil imaxinar un mellor momento para anuncialo que durante o Mes das Pantasmas, porque o tema do filme é o casamento dun vivo cun morto ("bêng-hun", en taiwanés). Un casamento gay, neste caso. 👻 🏳️🌈 https://invidious.flokinet.to/watch?v=z7Y7AJKJc28
Están a ser interpretados os temas indicados para o premio de mellor canción orixinal. Espero que a gañadora sexa a do filme en lingua taiwanesa #DayOff #本日公休 (que, por máis sinal, foi filmado na miña cidade).
E gañou a canción, tamén en lingua taiwanesa, dese filme, como eu quería! 🥰
Están a ser interpretados os temas indicados para o premio de mellor canción orixinal. Espero que a gañadora sexa a do filme en lingua taiwanesa #DayOff #本日公休 (que, por máis sinal, foi filmado na miña cidade). https://www.youtube.com/watch?v=lGPVqCBmiBU
O premio ao mellor documentario foi para un filme independente chinés sobre as condicións de traballo na industria téxtil:
https://variety.com/2023/film/reviews/youth-spring-review-1235613022/
E o de mellor director foi para #HsiaoYachuan (Siau Ngá-choân) por #OldFox, un dos grandes vencedores da noite (que tiña pensado ir ver mañá...!).
Ao recoller o premio, lembrouse de #HouHsiaohsien (Hâu Hàu-hiân), de quen foi asistente en filmes como Flowers of Shanghai e que produciu algunhas das primeiras obras de Hsiao, como Mirror Image. A familia de Hou anunciou hai unhas semanas que o lendario realizador — talvez o máis coñecido dos membros do Novo Cinema Taiwanés — sofre de demencia.
Un dos seus últimos papeis foi o da femme fatale con quen Takeshi Kanehiro tenta meter conversa preguntándolle se gosta de ananás no filme de Wong Kar-wai Chung King Express. Para min unha das mellores escenas da historia do cinema!
Uau! 😲 #AudreyLin acaba de levar o premio á mellor interpretación feminina polo seu papel no filme #TroubleGirl. A actriz taiwanesa, nacida na Australia, ten apenas 12 anos, e tórnase así na vencedora máis nova de sempre nesa categoría.
O premio ao mellor filme foi finalmente para un drama chinés producido no Xapón e que non pasou polos cinemas comerciais (polo menos en Taiwán, que eu saiba), mais foi ben recibido en festivais como o de Veneza:
https://www.latimes.com/entertainment-arts/movies/story/2023-03-31/stonewalling-review