A Coruña de hai un século, en imaxes: o legado do descoñecido fotógrafo Antonio Pérez - Praza Pública

A pasada semana o Arquivo do Reino de Galicia publicou en Galiciana unha colección de 198 imaxes realizadas nos primeiros anos do século XX, maioritariamente na cidade herculina por un fotógrafo do que pouco ou nada sabemos. Predominan as fotografías de persoas, individualmente ou en grupo, pero hai tamén algunhas imaxes nas que se poden ver paisaxes e edificios, nalgúns casos xa desaparecidos.

Praza Pública

Máis historias de #Rianxo.

Nesta ocasión veño falarvos da explosión do polvorín de Brión, parroquia de Leiro, o martes 28 de marzo de 1882.

A casa dun "cohetero" saltou polos aires levando por diante a el, a súa dona, e a un dos 9 fillos que tiñan.

Dende que descubrin esta nova sempre me quedou o runrun de saber de que casa se trataría, ou de averiguar que tería sido dos 8 orfos.

Como refrexan as novas, tiveron a sorte de percibir unha axuda do estado.

#galiciana #prensahistorica