Esquecía a miña cita mensual coa axenda do meu médic@ de cabeceira.

Non me parece normal ter que agardar unha semana por unha cita.

Se caio enfermo terei que ir por urxencias e alí haberá quen me diga que "isto non é para atender aquí" e que saturo o servizo.

Xa. E se espero pola cita vou igual si teño motivo, ou igual me atenden no tanatorio.

En #Rianxo #nonhaimédico a 4 de xuño.

Como ven sendo cotiá nos últimos meses, cando acorda, aquí temos a axenda do meu médico de cabeceira para o mes de Maio.

A domingo 3 de maio, se enfermo, en #Rianxo #nonhaimédico para consulta ata dentro de 10 días, ou de que o meu estado se agrave e teña que ir saturar as urxencias.

#Sergas

Eu parto o peito co da vixilancia da seguridade viaria na provincia de Coruña.

E tamén me da carraxe a un tempo.

Pode ser ou teño que mirar por unha axustada camisa branca?

📸 #estradaDP3301 #Isorna #Rianxo

Ollade a descrición alternativa das imaxes.

#procycling #ograncamiño

os horarios das retransmisións son un pouco random, supoño que hoxe é para non coincidir coa #brabantsepijl 1, pero estalle saíndo ben o cambio de datas á organización e institucións/empresas que poñemos cartos 

O nivel dos ciclistas é o que é (baixo), pero eses catro ou cinco (contados) de máis nivel parecen querer xogar a ciclistas, e iso que gañamos. Romeo ten máis cousas boas que malas, pero un día vai levar un disgusto de tanto botar a man á radio (menudo tipo plasta debe ser). O Adam Yates vai como se houbese que ir facendo camiño e como se tal cousa. Igual son prexuizos por coñecer o seu nivel (sobrado nesta carreira), pero ten pinta de estar quencendo o motor e nas subidas de máis de dez minutos que veñen hoxe e mañán darlle tempo a deixar ao resto tirados. Veremos.

Onte quedou ben en TV 📺 a ría de #Arousa e o #Barbanza en xeral. O helicóptero fixo un plano desde o mirador da Curota (A Pobra) desde onde se ten unha vista espectacular🏞️. Teño ido moito por alí 2 (sobre todo correndo!! a pé!!  ).

Calquera que anda en bici por #Galicia sabemos que temos unha orografía moi axeitada para facer carreiras entretidas (e duras). Incluso algunha montaña xeitosiña, pero sobre todo estradas que te van minando sen un metro realmente chan. Onte, con só unha subidiña (alto do pico da muralla en #Rianxo), sumaron case 2000m. de desnivel. O normal que facemos por aquí en calquera saída   (á metade da velocidade  ). Son estradas para xogar a ciclista, estreitas e con cambios de dirección. Creo que, para o nivel «UCI» da carreira a organización fai un bo traballo, tanto desde o punto de vista deportivo como a comercialización do produto, porque ao inicio da retransmisión abusan dos planos do helicóptero mostrando a paisaxe (hai que dicilo), pero céntranse moi correctamente na acción deportiva cando chegan o desenlace.

Dicía onte o comentarista (Rob Hatch3) que a empresa de Ezequiel Mosquera (EMEsports) vaise encargar de organizar a #grandisima 🇵🇹 4 Volta a Portugal em Bicicleta5. Visto como seareiro do deporte, creo que o que fan nesta carreira é moi correcto (dado o nivel da mesma). «Nuestro objetivo es internacionalizar la prueba», dixo Ezequiel cando asinaron o trato. A ver se lles queda bonito e poden vendela ben.

E isto podería ser unha publicación no blog se eu soubese vender estas cousas.

#cycling

  • escribino ben! sen mirar!  (comprobeino agora) ↩︎

  • as fotos son miñas, tomadas durante algunha das carreiras de #trailrunning na serra do Barbanza. Ler texto alternativo da foto. ↩︎

  • Escoito os comentarios en inglés porque a) ares abúrrese e está ao seu, b) véxoa en diferido e non na tevegá, c) son paleto e gústame escoitar como desde fóra din que Galiza é moi bonita, que bo está o polbo e o albariño e tal. Paleto, que non cego. ↩︎

  • https://www.esciclismo.com/actualidad/carretera/88820.html ↩︎

  • https://pt.wikipedia.org/wiki/Volta_a_Portugal ↩︎

  • Estou coa alerxia no punto álxido.

    Se tan só fose un pouco máis grave, e preciso acudir ao meu médico de familia no #Sergas, para que me atendese con cita tería que agardar ata o día 13.

    Iso son 8 días nos que tal vez podería acabar saturando as urxencias.

    Porque precisamente estas son as consecuencias de que en #Rianxo #nonhaimédico

    Este podría ser el acceso de cualquier aldea, en cualquier parte de España. Hoy es #Rianxo.

    ¿Qué derecho tiene el titular de la vía a permitir que se degrade la seguridad vial de esta forma?

    ¿No le sobra espacio al que almacenó esta madera como para no poner en peligro a los usuarios de la vía?

    ¿Qué pasará si un ciclista o motorista mete la rueda en esa zanja que llaman calzada?

    ¿Cuándo dejaremos de usar la típica excusa de "iba muy rápido"?

    #SeguridadVial
    #DGThazTUtrabajo
    #DGTresponsable

    Que supón para unha persoa sufrir unha enfermidade lene se en #Rianxo #nonhaimédico ata dentro de 12 días?

    - Que na recepción de urxencias te abronquen por saturar o servizo.

    - Automedicarse.

    - Agardar pola cita co risco de agravamento da enfermidade.

    - Menor calidade de vida.

    ...

    @carreterassegurasespana isto é o bloque de formigón que están a plantar pegado a calzada a carón dunha intersección da #estradaDP3301 con outra do Concello de #Rianxo e #Isorna.

    É unha vergoña. Este elemento atópase dentro da plataforma da vía é supón un risco en caso de accidente.

    Tampouco existe sinalización que advirta da obra na vía

    Esta fin de semana voume ocupar de presentar denuncia ante a Xefatura Provincial de Tráfico de #Coruña

    #SeguridadVial
    #DGThazTUtrabajo
    #DGTresponsable

    A 16 de febreiro estas son as citas dispoñibles para consulta co meu médico.

    Despois hai quen di que en #Rianxo #nonhaimédico