"Aun así, el tirón no se traduce en un aumento generalizado de locales. De hecho, ocurre lo contrario: «cierran más de los que abren», reconoce."
"Aun así, el tirón no se traduce en un aumento generalizado de locales. De hecho, ocurre lo contrario: «cierran más de los que abren», reconoce."
Pois xa chegan os furanchos de Marín
(hai bastante sitio xeitoso, e moitos cunhas vistazas!)
Pois onte andivemos en Bembrive, e sen tentar ser moi exhaustivo, recomendamos...
Os callos de A Reventada
A chacheira con orella do Chivo.
De viño en xeral, así asá. De festa, pois ambientazo.
Festa Tinto Femia 2025. 4-5-6 Xullo. En Cela (Bueu).
@festas
A festa é pequena e moi auténtica. Podese comprar o viño por vasos ou botellas (a cegas, estan numeradas para non saber de que casa é ata o domingo). En canto a xantar, podes subir ca túa comida e comer nas mesas ou tamén podes mercar churrasco, polbo, xamón e máis cousiñas.
E musica case todo o rato.
https://www.paxinasgalegas.es/fiestas/festa-do-vi%C3%B1o-tinta-femia-de-cela-bueu-354.html
Mentres que a maioría da xente ten que coller o coche para ir ó furancho, on de viven méus pais, dos poucos sitios ós que se pode ir andando é o furancho.
Así que aproveitando que o "furancho da casa rural" [SIC] esta aberto estes días, pasamoslle a tomar o viño.
Pois iso, en Vilanova do Hio, e estarán abertos esta Semana Santa. Se chove teñen onde estar a cuberto.
Furancheando por Cangas.
Furancho de Ximeu.
Gostarame o ano pasado e pasei a probar o viño. E a empanada que fan sempre ten un aquel moi seu.
Está a xente que vai ós #furanchos para papar (comprensible: se tes que conducir 30/40 minutos hai que ir full plan) e logo estan os vellos que van xuntar cos amigos e beber.
(Eu son coma os vellos, pero só ½ cunca de cada, un pincho e xa, moderado).
Dise público é o Furancho de Andres en Vilariño (Cangas). E por iso mesmo é tamén moi fugaz. Abriron o venres e o domingo xa voara o viño. Nós pillamos case no límite. 😅