Unha ducia de paradas na ruta galega da camelia para recibir a primavera - Praza Pública

Dise que a camelia é "a flor de Galicia". E iso que non chegou á nosa terra -dende o leste de Asia- ata comezos do século XIX. Porén, adaptouse perfectamente ao clima atlántico e aos solos acedos e estendeuse polo territorio galego, especialmente polos xardíns dos pazos e casas nobres. En paralelo, foi adquirindo sona en toda Europa grazas a obras como A dama das camelias, de Alexandre Dumas (fillo). A camelia florecía nos invernos, enchendo de cor os meses máis avesedos do ano e, por exemplo, Álvaro Cunqueiro escribiu que "as camelias eran como luces no inverno galego”. Hoxe a camelia está presente en moitos xardíns e parques, e suma máis de oito mil variedades en Galicia, pero brilla especialmente en certos espazos, merecedores dunha visita ao longo dunha ruta galega da camelia. Estes son algúns deles, que escolmamos nesta ducia que celebra a chegada -esta semana- da primavera.

Praza Pública

Fixeron un especial en TVE ao que chamaron BeFest Stars.

Cantan Tanxugueiras, e a canle PÚBLICA subtítula: "CANTAN EN OTRO IDIOMA", ou "#Ailalalá-ailala".

Logo canta Chanel, e a canle PÚBLICA sí subtítula a letra en inglés.

E isto non o digo por ningún tipo de rivalidade entre as TANXUGUEIRAS e Chanel. Senon porque resulta incrible e insultante o desprezo e a ignorancia da canle pública cara unha das linguas oficiais do estado.

#Tanxugueiras #NosImponenElGallego #Galego #CantanEnOtroIdioma