🚨 Mastodontes no teu jornal local 🚨
https://www.elcorreogallego.es/santiago/2026/04/07/estudante-trans-da-usc-son-128792230.html
Todas as actividades da Asociación de Estudantes Trans da USC, Atreve-T https://www.instagram.com/atrevet_usc

Un estudante trans da USC: "Son unha persoa aberta en redes, o que por desgraza vai da man de recibir mensaxes fóra de lugar"
Helio Miramontes é unha persoa trans que combina o seu estudo de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago coa defensa activa dos dereitos do colectivo trans e non binario. Dende que se deu conta da súa identidade aos 11 ou 12 anos, enfrontouse a unha sociedade con escasos recursos e información sobre diversidade, motivándoo a traballar para que a xente nova poida vivir coa súa identidade con igualdade de oportunidades. Forma parte da asociación de estudantes trans Atreve-T, que organiza a Semana da Visibilidade Trans na USC, pola que este luns impartiu unha charla sobre linguaxe inclusiva en Filoloxía.