A bici, ou como as mulleres do século XIX ocuparon o espazo público

Ana Bulnes, Raquel C. Pico e María Ramos coñécense dende hai anos porque estudaron xuntas e comparten o gusto por estudar a historia menos visible das mulleres e particularmente a entrada na modernidade durante o século XIX. «Sempre acabamos entrando en bucle con curiosidades e pareceunos moi interesante ler sobre mulleres rompedoras do XIX, que montaban en bici», explica a EL CORREO GALLEGO Raquel C. Pico.

El Correo Gallego

Hoxe, xoves 11 de xuño, ás 19.00 h, na libraría Lila de Lilith (rúa Travesa, 7), María Ramos Domínguez, Ana Bulnes e Raquel C. Pico, autoras do libro 'Señoras en bicicleta' (Sushi Books, 2026) estarán falando de bicicletas, historia, feminismo, sufraxismo...

#bicicleta #bike #libros #books #SushiBooks #SantiagoDeCompostela #compostela