🌿 Eliminación de flora exótica invasora en Ponte Cabirta 🌿

Ponte Cabirta, sábado, 25 de abril, 10:00 CEST

O sábado 25 de abril, ADEGA Compostela xunto co Proxecto Ríos organizan unha xornada de voluntariado para eliminar flora exótica invasora no terreo custodiado de ADEGA en Ponte Cabirta.

🕙 Hora: 10:00 h

🕝 Fin aproximado: 14:30 h

🧤 ADEGA Compostela facilitará todo o material necesario.

✍️ Inscrición previa obrigatoria no seguinte formulario: https://i.gal/eliminacion-cabirta

📩 Máis información: [email protected]

📞 722 230 663 (Itziar)

🔴 Actividade finaciada pola Deputación da Coruña

https://compostela.acontece.gal/event/eliminacion-de-flora-exotica-invasora-en-ponte-cabirta

Obradoiro de RCP e Primeiros Auxílios

CSC castiñeiriño, sábado, 9 de maio, 16:00 CEST

Saberías que facer ante unha emerxencia? 🆘 Gardar a calma é importante, pero saber actuar salva vidas.


​A Asociación de mulleres Recandea organiza este Obradoiro de Primeiros Auxilios.


​🗓️ Cando? Sábado, 9 de maio.
🕓 Hora? De 16:00 h a 20:00 h.
📍 Onde? No antigo colexio Ramón Cabanillas (anexo do CSC Castiñeiriño)
​Inscrición obrigatoria! 📝 Non perdas a túa praza chamando ao 📞 636 67 72 05.
​Aprender a salvar vidas está nas túas mans. Agardámoste! 🙌✨

fonte: https://mastodon.gal/@bytes4life/116416131205887411

https://compostela.acontece.gal/event/obradoiro-de-rcp-e-primeiros-auxilios

Aprendizaxe e Intelixencia Artificial

Libraría Lila de Lilith, luns, 20 de abril, 18:00 CEST

O luns 20 de abril ás 18:00 h, na libraría Lila de Lilith en Compostela, conversaremos sobre os impactos da intelixencia artificial na educación, na creatividade e na vida cotiá.

Abriremos co libro de Margarita Padilla e continuaremos cun coloquio con Elena Romero, ciberactivista en Barracón Digital (Honduras) e Laura Pérez, profesora de FP tecnolóxica. Moderará a mesa @[email protected], escritora e artista.

Un espazo aberto para conversar, cuestionar e imaxinar outras relacións coa tecnoloxía.

fonte: @[email protected]

https://compostela.acontece.gal/event/aprendizaxe-e-intelixencia-artificial

Inauguración da escultura de Moncho Reboiras

Rúa Carreira do Conde, Santiago de Compostela, sábado, 18 de abril, 17:00 CEST

A rúa Carreira do Conde de Santiago de Compostela acollerá o 18 de abril o acto de inauguración da escultura en bronce e a tamaño real de Moncho Reboiras promovida polas Fundacións Moncho Reboiras, Terra e Tempo e Galiza Sempre.

A obra, de Carlos Fernández en colaboración con Cuqui Piñeiro, renderá homenaxe na capital galega ao dirixente nacionalista asasinado pola ditadura franquista.

No acto de inauguración da escultura intervirán Xesús Seixo, presidente da Fundación Moncho Reboiras; Elvira Souto, portavoz da Comisión de Honra; Francisco Rodríguez, presidente da Fundación Terra e Tempo, así como a alcaldesa de Santiago de Compostela, a nacionalista Goretti Sanmartín.

https://compostela.acontece.gal/event/inauguracion-da-escultura-de-moncho-reboiras

Manifestación de apoio a Cuba

Alameda de Santiago de Compostela, domingo, 19 de abril, 12:00 CEST

Organiza: Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil

https://compostela.acontece.gal/event/manifestacion-de-apoio-a-cuba

#laureanoaraujo #santiagodecompostela #galiza
Santiago de Compostela, 11 de abril de 2026
#laureanoaraujo #santiagodecompostela #galiza
Santiago de Compostela, 11 de abril de 2026
#laureanoaraujo #santiagodecompostela #galiza
Museo das Peregrinacións e de Santiago
https://museos.xunta.gal/gl/peregrinacions
Santiago de Compostela, 11 de abril de 2026
#portas #doors #laureanoaraujo #santiagodecompostela #galiza
Santiago de Compostela, 11 de abril de 2026
#laureanoaraujo #santiagodecompostela #galiza
Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
https://cgac.xunta.gal/gl
Santiago de Compostela, 11 de abril de 2026