
Galicia perderá 35.000 vivendas protexidas ata 2030, máis da metade das construídas dende o fraguismo - Praza Pública
Unha ampla investigación de Civio analiza as repercusións da fin do réxime de protección para milleiros de pisos en todo o Estado. En 2008 o Goberno PSdeG-BNG aprobou que as vivendas de promoción pública estivesen protexidas permanentemente, pero o goberno de Feijóo derrogou o requisito en 2012 e volveu instaurar o prazo de 30 anos. A Xunta recuperouno en 2025 para a vivenda protexida pública e en solo público










