Outra volta ao deseño desde Galicia: Cenlitros, Desescribir e Novagarda - Praza Pública
O deseño que parece que non se ve pero está. Esta filosofía da profesión é a que comparten os tres estudios de deseño galegos que foron galardoados este ano nos premios Laus e Delta da asociación FAD (Foment de les Arts i del Disseny) de Barcelona, dous dos premios de deseño máis prestixiosos a nivel estatal. O traballo dos veteranos Cenlitros e Desescribir e do estudio Novagarda foi recoñecido nas categorías de gráfica do entorno, editorial, dixital e deseño industrial
