Em 2026, suma-te ao galego! Para falar practicando e de maneira fácil e amena.
Lar de Unta sempre apoia as medidas que supoñan un beneficio para o zona vella.
Nesta ocasión colaboramos altruístamente co colectivo de comerciantes do Casco Vello para tentar encher de vida esta parte da vila no Nadal.
Cinema e obradoiros para os pequenos !!
A entrada é gratuita e libre mais deberase recoller a invitación nos comercios participantes. 😀
#LarDeUnta #betanzos #cascovellobetanzos #lardeuntacultura #CineClubeLarDeUnta
Este ano no botaremos o Globo porque todo indica que teremos novamente o Globo de San Roque, pero o Lar de Unta tampouco estará ausente de un dos eventos máis importantes de Betanzos.
Para iso, inauguramos as CONVERSAS NO LAR, que consisten en encontros ao vivo con persoeiros representativos de distintos sectores sociais, profesionais, deportivos e culturais da vida de Betanzos e a súa comarca... Seguir lendo en Pixelfed: https://pixelfed.social/i/web/post/726875444740421212
Este ano no botaremos o Globo porque todo indica que teremos novamente o Globo de San Roque, pero o Lar de Unta tampouco estará ausente de un dos eventos máis importantes de Betanzos. Para iso, inauguramos as CONVERSAS NO LAR, que consisten en encontros ao vivo con persoeiros representativos de distintos sectores sociais, profesionais, deportivos e culturais da vida de Betanzos e a súa comarca. Será en directo na propria sede do Lar de Unta e tamén polas Redes Sociais da Asociación. O primeiro convidado é Francisco Pita Buyo, o encargado de elevar o Globo ao longo de décadas e herdeiro directo por via familiar desta tradicción tan identitaria de Betanzos e dXs betanceirXs. Paco conversará das suas lembranzas, das anécdotas, alegrias e problemas. Ninguém mellor para falar do Globo. Desde o Lar de Unta, o noso agradecemento. A conversa será o sábado 10 de agosto ás 12:00 no Lar de Unta, Rúa Pescadería 3 e polo Facebook do Lar de Unta e outras RR. SS. #25anosdolardeunta #CulturaLarDeUnta #LarDeUnta
A programación polas Letras Galegas de Lar de Unta incide na importancia do galego como lingua útil no mundo que nos rodea.
.Invitamos a que quen queira se achegue ao noso local a compartir a nosa programación e a realizar un brinde dándalle á lingua o venres 17 ás 13.00 hora.
Se vas estar en Betanzos ese día, achégate !!!.
#CulturaBetanzos #LardeUnta #Betanzos Rede Cultural Betanzos e Bisbarra Cultura da Deputación da Coruña.