Banquete de Conxo

Carballeira de Conxo, venres, 22 de maio, 21:00 CEST

Festa do Banquete de Conxo

Información e programa: https://santiagodecompostela.gal/gl/festa-do-banquete-de-conxo-2026

A Festa do Banquete volve á Carballeira de Conxo na fin de semana do 22 ao 24 de maio. Neste 2026 o Banquete pon o foco no espazo no que se desenvolve e busca converterse nun evento ‘residuos cero’, como xeito de minimizar o impacto ambiental sobre a contorna.

Tres días de celebración para lembrar o convite que reuniu arredor da mesma mesa a estudantes universitarios, obreiros e artesáns o 2 de marzo de 1856 para reivindicar a igualdade e a liberdade, e que permanece na memoria colectiva como un dos acontecementos fundacionais do galeguismo.

A programación do Banquete de Conxo comezará o venres 22 de maio cun percorrido de Cantos de Taberna por distintos bares do barrio de Conxo. Será ás 21:00 h e contará coa participación dos grupos Colexiata de Sar,  Muiñeiros do Sarela, Cantador@s de Recandea e D’hoxenunano.

Xa o sábado 23, a programación centrarase na praza de Aurelio Aguirre e estará especialmente dirixida ao público infantil e familiar. Para os máis pequenos haberá xogos populares en horario de mañá e de tarde.

Celebrarase o mercado do libro e da artesanía, unha mostra de oficios con diversas actividades de dinamización e espectáculos para público familiar, ademais dunha sesión vermú coa participación das bandas que ensaian no Centro Xove. Ademais, volverán a festa da poesía, unha sesión de canto fraterno con algunhas das corais da cidade, e o tren do Banquete de Conxo. Repetirase tamén a ruta literaria con Quique Alvarellos, titulada As voces do Bosque.

No gran día da Festa do Banquete, o domingo 24, continuarán o mercado do libro, da artesanía e a mostra de oficios; haberá diferentes actividades para as nenas e nenos como actuacións de maxia ou xogos infantís, e tamén propostas musicais durante toda a xornada.

Os actos centrais serán o desfile teatralizado con Os Quinquilláns, que sairá ás 11:00 h da praza do Toural, e a posterior comida de confraternidade.

https://compostela.acontece.gal/event/banquete-de-conxo

Foliada

Mercado de Abastos, Pontevedra, venres, 6 de febreiro, 20:00 CET

6 de fevereiro no Mercado de Abastos de Ponte Vedra.

20:00h obradoiro de baile com Miguel Sotelo

21:00h concertos com Abiñadoira e Pandereteiras Peis d'Hos

https://pontevedra.social/event/foliada

Imos safando da auga na romaría de Santa Margarida!
#foliada
#acoruña
#romaríadesantamargarida

III Foliada de lume novo

Antigos terrenos de Tafisa, luns, 23 de xuño, 20:00 CEST

Esta segunda feira 23 de junho, III foliada de lume novo a beira do Léres, nos antigos terrenos de Tafisa.

A partir das 20h música ao vivo com:

Grupo de gaita e percussom da Pedreira

Foliada: traz o teu instrumento!!

Ás 22h atuaçom de:

Leni Pérez e Roberto Comesaña

Ás 00h prendido do foliom

Haverá sardinhas e chouriços.

Vem saltar o lume!

https://pontevedra.social/event/iii-foliada-de-lume-novo

A quen lle importa Eurovisión cando hoxe hai Foliada.

#DiaDasLetrasGalegas2025 #LetrasGalegas2025 #Foliada #Cantareiras

Folclore galego, e asturiano, enchen A Fonsagrada dende este xoves - Neofalantes

Dende este 5 ao 7 de decembro, ten lugar en A Fonsagrada a novena edición da súa foliada de inverno. O evento, organizado pola Asociación Cultural Petapouco e a Destempo, está marcado no calendario de todo amante da música e baile tradicional galegos. Contando coa colaboración do Concello e Deputación de Lugo, o tecido ten…

Neofalantes
Aqui deixamos umhas dicas que figemos coas companheiras de Andar cos tempos, para bailar, tocar e festejar em igualdade e que vos seram mui utiles se queredes vir foliar junto a nós 💜
https://issuu.com/andarcostempos/docs/libro_dicas
🥳 Ao rematar o #Tresfoliando, e até as 20h, haverá #FOLIADA aberta para que toque quem quiger!! Traede o instrumento e armade-a bonita! 💥💥💥E nom esqueçades o vosso eco-copo! ♻️🍺♻️
Um lote de dicas para bailar em igualdade

A Gentalha do Pichel lançou a proposta a Andar cos Tempos e Séchu Sende de juntar-nos para oferecer a campanha #UmLoteDeDicasParaBailarEmIgualdade Queremos reflexionar sobre o sexismo em várias situaçons do cotidiano e, em concreto, no baile tradicional. Com esta campanha pretendemos, desde a nossa experiência na transmissom desta parte viva do património cultural, oferecer-vos dicas sobre como nom reproduzir, apoiar ou ser conivente com comportamentos que fortaleçam a desigualdade de gênero no baile, mas que, cremos, valem para a vida toda. Com os desenhos da Gentalha, as ilustraçons de Séchu, os textos de Andar cos Tempos e inspirando-nos na campanha feita por BeHoppers sobre a questom do papel da mulher na dança de salom e o machismo que se dá na mesma, resolvemos adaptar as dicas que essa campanha oferece ao nosso baile tradicional, para assi conseguir transmiti-lo sem ter por que cair em atitudes que afundem na desigualdade entre géneros ou comportamentos que subjuguem as mulheres.

Issuu