Hallan muerta a la cantante gallega Seila Esencia tras 15 días desaparecida
https://fed.brid.gy/r/https://www.elmundo.es/galicia/2026/05/05/69f9be41e85ece43198b459e.html
Hallan muerta a la cantante gallega Seila Esencia tras 15 días desaparecida
https://fed.brid.gy/r/https://www.elmundo.es/galicia/2026/05/05/69f9be41e85ece43198b459e.html
Faladoiro feminista: Tolas ou rebeldes? Control social e represión das mulleres
Centro de Información á Muller, Pontevedra, mércores, 6 de maio, 19:00 CEST
O patriarcado sempre quixo mulleres dóciles e submisas, ao servizo do cabeza de familia (pai, marido, irmán, titor), criadoras de fillos para o sistema, no que elas tiñan a obriga de ser invisibles. As que dixeron non, as descarreiradas, as que non se conformaron, as máis vulnerables foron condenadas ao ostracismo, internadas en psiquiátricos, en reformatorios do Padroado da Muller, foron inhabilitadas e anuladas, roubándolles a liberdade, as crianzas e a vida. Tempos que bebían das fontes do patriarcado e do autoritarismo, hoxe en día aínda reivindicados desde certos idearios políticos.
Profundar nesta realidade, coñecer a represión sufrida polas mulleres, polo feito de selo, e combater o esquecemento das que nos trouxeron ata aquí son os obxectivos que guían a nova cita dos faladoiros feministas, o ciclo que promove a Concellería de Igualdade, ao abeiro do programa Primavera Feminista.
Tres relatoras abordarán o tema Tolas ou rebeldes? Control social e represión das mulleres. Será o vindeiro mércores 6 de maio, ás 19.00 horas, no CIM-Centro de Información á Muller de Pontevedra (Praza José Martín, s/n -1º andar). Moderará a palestra a xornalista Alba Moledo Ucha.
Carmen V. Valiña, doutora en Historia Contemporánea e autora do ensaio “As tolas que non eran”, que documenta, avalía e narra a realidade de moitas mulleres ingresadas no hospital psiquiátrico de Conxo, como medida de control social, castigo e mesmo de vía para a apropiación ilexítima do seu patrimonio e como foron quen, algunha delas, de rebelarse e loitar contra o destino adxudicado contra a súa vontade.
Mª Xesús López Escudeiro: docente, ex-concelleira de Cultura, Educación e Igualdade de Pontevedra. Referente do programa A Memoria das Mulleres do Concello de Pontevedra, foi artífice do roteiro Pontevedra en feminino.
Carme Vidal Laxe: xornalista, ensaista e experta no estudo dos mecanismos de control e represión das “malas mulleres” no último século. Estivo na Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega.
A entrada ao faladoiro é libre ata completar a cabida.
As súas guerras, a nosa precariedade: acto público + sesión DJ
Bar La Verbena, Pontevedra, venres, 8 de maio, 20:00 CEST
O vindeiro venres 8 de maio achégate coas túas amizades a @laverbenaclub_, onde falaremos da alternativa ás guerras imperialistas que defende a mocidade nacionalista.
Para fechar a xornada contamos cunha sesión DJ da @emejota.gz
https://pontevedra.acontece.gal/event/as-suas-guerras-a-nosa-precariedade-acto-publico-sesion-dj
Monteporreiro celebra una fiesta intercultural con gastronomía y convivencia https://clarivista.info/es/sociedad/sociedad-monteporreiro-celebra-fiesta-intercultural-gastronomia-convivencia