Grazas #Efervesciencia, un programa moi interesante 👍

Efer 731 (4-1-26): Os segredos das células: da orixe da vida ao envellecemento

Sitio web do episodio: https://www.ivoox.com/efer-731-4-1-26-os-segredos-das-celulas-da-audios-mp3_rf_170185360_1.html

Ficheiro multimedia: https://www.ivoox.com/efer-731-4-1-26-os-segredos-das-celulas-da_mf_170185360_feed_1.mp3

Infiltrámonos no XXI Congreso da Sociedade Española de #Bioloxía Celular, celebrado en #SantiagodeCompostela. Conversamos con Alfonso Martínez Arias (Universitat Pompeu Fabra), quen nos propón mirar máis alá dos xenes para entender como as células organizan o desenvolvemento dos organismos. Descubrimos con el por que a #gastrulación é o momento máis importante da nosa existencia biolóxica.
(26:35) Iñaki Ruiz-Trillo (Universitat Pompeu Fabra) explícanos o intrigante salto evolutivo á multicelularidade: como as células individuais aprenderon a cooperar e diferenciarse, e que pistas nos dan organismos unicelulares actuais sobre a orixe dos animais.
(43:17) Ademais, Ana María Cuervo (Albert Einstein College of Medicine) e Isabel Fariñas (Universitat de València) comparten os últimos avances en #autofaxía e células nai cerebrais, abrindo novas vías para comprender o envellecemento e a rexeneración neuronal. Coñecemento que comparten con consellos con evidencia científica para envellecer mellor.
A nosa web oficial www.efervesciencia.org

CC @Efervesciencia

É unha mágoa1 que a radio galega non publique #podcast para facilitar a escoita. Grazas por facer dispoñible o voso traballo

  • o que resulta é lamentable nun servizo público ↩︎

  • Efer 731 (4-1-26): Os segredos das células: da orixe da vida ao envellecemento - Efervesciencia - Podcast on iVoox

    Listen to this episode of Efervesciencia for free on iVoox. (2:28) Infiltrámonos no XXI Congreso da Sociedade Española de Bioloxía Celular, celebrado en Santiago de Compostela. Conversamos con Alfonso Martínez...

    iVoox

    Mario Pansera [ ] dirixe en Pontevedra o laboratorio Innovación e Postcrecemento da Univ. de Vigo, así como o proxecto PROSPRERA.
    A súa investigación céntrase en como promover a innovación nun contexto de postcrecemento, o movemento R2R ("Dereito a Reparar") e a transición xusta cara a unha economía circular.

    Efervesciencia 705: Dereito a reparar, transición xusta e postrecrecemento
    https://www.spreaker.com/episode/efer-705-4-4-25-dereito-a-reparar-transicion-xusta-e-postrecrecemento--66958027

    mp3 min 24:45 https://api.spreaker.com/download/episode/66958027/efervesciencia_03_04_25.mp3#t=1486

    #ciencia #economia #podcast #EfervesCiencia