Hoxe no ensaio temos un prato pensado expresamente para o clavixeiro do baixista. Todo correcto
#SonsOfExodus #HardRock #RockenGalegoO rocanrol está moi guai, pero ninguén che fala de cando tes que madrugar un sábado para ir ao súper e deixar facéndose as lentellas para poder ir ensaiar todo o día porque é a única data libre en meses na que coincidides todos
Imaxe casual para alixeirar o TL
Un pouquiño de mar de ano novo
Axúdote? Que fas? Estás a corrixir? Axúdote? Axúdote? Por que lle marcas iso en vermello? Está mal? Axúdote? Xogas comigo un minutiño? Que lápis tan interesante. Axúdote?
Últimos días do meu mes-aventura-en-Canadá. Nesta última semana empecei a experimentar o que é de verdade a MORRIÑA con maiúsculas, a angustia de non pertencer ao sitio no que vives, a necesidade vital de coltar a ver á xente a que queres. Creo que me salvou a vida estar moi preto de xente que estaba experimentando o mesmo ca min, tanto como a certeza de que esta experiencia tiña unha data de caducidade. Que ganas de voltar á casa
Pois se hai que madrugar para ir facer o folk-metal, madrúgase e punto. É máis, non se durme en toda a noite, hala
Sobrevivín ao día de hoxe bastante dignamente. Tan só __case__ se me extravía un alumno
Levo todo o día con isto na cabeza. Manda carallo que co paso do tempo sexa a canción que mais me gusta deste grupo
https://youtu.be/SaHrqKKFnSA

Blur - Tender (Official Music Video)
YouTubeDemasiado español para os trve galicians, demasiado independentista para os de mais aló do telón de grelos. A culpa é miña, a quen se lle ocorre meterse a cantautor country en galego