O meu móbil está pedindo papas. Non o coido ben, pero está leeeeento. E penso en facer limpeza radical e poñer LineageOS, que vexo na súa Wiki que o meu dispositivo está na lista dos soportados. Pero dúbida que pregunto a usuaries: app de Sergas, Abalar (a do sistema educativo galego) e apps de bancos, van ben? Poderei usalas igual? Porque o nextcloud dou por sentado que si... E o correo se fai falta consulto no navegador e vía. 🤔

Ola @drupas , deille a RT porque xa fai uns anos que non uso LineageOS, e aínda que non é o que preguntas, existe un software que é «derivado» de LineageOS pero que xa trae de serie certas capas de compatibilidade (microG) que che poden resultar útiles para eses servizos.

https://e.foundation/get-e-os/

Como é derivada de LineageOS é probable que o teu móbil tamén sexa compatible con @e_mydata (ou así resultaba no seu momento). Incluso ten un instalador desde a mesma web (usando  @Vivaldi podes facelo se o teu móbil así o permite), é un sistema moi práctico e claro.

Deixando aparte problemas do hardware, unha vez limpas o móbil cunha ROM destas entón parece que vóan 

Get /e/ OS - e Foundation - deGoogled unGoogled smartphone operating systems and online services - your data is your data

HOW TO GET STARTEDNEED HELPF.A.Q How to get started /e/OS is currently available for more than 0 Smartphones Models Browse supported devices We’re continuously adding new models to our list of supported devices.Ready to install /e/OS? Then choose the best option for you and you’ll soon be on your way!…

@ghose @e_mydata @Vivaldi si, estou explorando dispositivos con algo preinstalado limpo , e igual fedellar con este o mesmo. Grazas