Algúns dos pitiños de rabirrubio xa empezaron a facer prácticas de voo polas cordas dos tendais do patio  
E que escándalo montan, mimadriña! Todo o tempo a chiar, "mírame, mamá, xa estou no terceiro! Mírame, papá, agora estou no cuarto!"
A ver quen se concentra no curro tendo unha escola de voo en pleno funcionamento na fiestra.
(para a vindeira nidada prometo ter unha cámara mellor)

Estou cada dous minutos indo a ver que fan e por que montan tanto escándalo.

E cando de súpeto calan, preocúpome e vou mirar tamén por se lles pasou algo 😂

Buenooo, que acabo de estar revisando as gravacións da webcam que lle puxemos ó niño e vexo que o macho NOS ENTROU NA CASA o outro día ás sete da mañá 😂 😂 e logo apañouse para saír sen deixar probas da súa presenza.
@IGVazquez Cuquísimo, pero menos mal que atopou a saída pola súa conta e non se puxo a revoar por toda a casa cun ataque de pánico mentres durmiamos 😂