GCiencia (@GC_GCiencia): "ENTREVISTA 🗣️ | Falamos co arqueólogo galego Alfredo González Ruibal (@GuerraenlaUni) do seu novo libro, 'País en ruinas', no que reconstrúe a historia da Guerra Civil e do franquismo a través de obxectos cotiás.
https://www.gciencia.com/perspectivas/alfredo-g-ruibal-arqueologo-cando-escavamos-chabolas-e-campos-de-concentracion-sempre-atopamos-dignidade/"

https://nitter.poast.org/GC_GCiencia/status/2053740934932668499#m
#Arqueoloxía #libro

Alfredo G. Ruibal, arqueólogo: "Cando escavamos chabolas e campos de concentración sempre atopamos dignidade"

O arqueólogo galego publica 'País en ruínas', un libro no que reconstrúe a historia do franquismo a través de obxectos singulares

GCiencia

vostede fala dunha “arqueoloxía da dignidade”

—Si, para min é un dos temas centrais do libro. Cando se fala da ditadura franquista, fálase en termos de violencia, de sufrimento e horror, pero eu quería recuperar a outra cara. É dicir, a resistencia da xente que foi capaz de vivir e loitar contra o franquismo, ben na súa vida cotiá, ben no monte como guerrilleiros, pero sempre facéndoo con moita dignididade.

Cando escavamos chabolas, campos de concentración e destacamentos penais sempre atopamos dignidade; xente capaz de levar unha vida digna nunhas condicións moi difíciles.