Para persoas amantes das plantas, un lugar espectacular.
https://www.radiofusion.gal/actualidade/novas/unidos-polas-plantas #galego #ecoloxia #ActuemosPorElClima
https://www.radiofusion.gal/actualidade/novas/unidos-polas-plantas #galego #ecoloxia #ActuemosPorElClima

Unidos polas plantas
“Crear comunidade, neste caso reunindo a persoas amantes das plantas”. Con ese obxectivo nace o PlantaFest, explicou o presidente da Agrupación Instrutiva de Caamouco. Convocan a persoas interesadas nas plantas e as hortas a achegarse o domingo dia 26 de abril pola Horta de Quinín. Alí poderán compartir experiencias e trocar plantas ou escallos. Pola mañá de 11 a 14 horas e pola tarde entre a 16 e as 18 horas. Co atractivo engadido da sesión vermú prevista para as 13 horas.