https://podcasters.spotify.com/pod/show/paula7383/episodes/CAPTULO-31-VERDADE--XUSTIZA-E-REPARACIN-e3hbrtd #PodGalego #ObradoiroDixital

CAPÍTULO 31: VERDADE, XUSTIZA E REPARACIÓN by A ferida aberta no 36
O Goberno dá os primeiros pasos para investigar os crimes e as violacións dos dereitos humanos cometidas en España durante aGuerra Civil e a ditadura franquista. Oorgano designado para levar a cabo esta tarefa é a Comisión da Verdade, que contará cun subgrupo que se encargará especificiament edeinvestigar os abusos cometidos nos centros controlados polo padroado de proteccion á muller. Co director da Fundación Luis Tilve, Guillerme Pérez Aguya falaremos sobre esta cuestión e tamén cos familiares de dúas das 53 mulleres recoñecidas como vítimas do Padroado. Falamos de Manuela e Teodosia, nai e avoa de Salomé da Torre e Jessica Pérez.Co presidente da Asociacion Memoria Histórica Democrática de Ferrol falaremos da restitución da memoria da mestra socialista María Vazquez e do plan da Deputación para tentar exhumar a fosa de Serantes. Unha tarefa complicada, do mesmo xeito que a que se presenta na fosa de Beira, en Carral como nos conta o presidente da asociación Cultura Aberta de Carral. E pecharemos capítulo en Salceda, onde foron identificados os restos de dous represaliados de Tui exhumados o verán pasado. Conversaremos coa sobriña neta dun deles, Gachi Fernández e coa presidenta da CRMH do Baixo MIño, o Condado e A Louriña.Historias, todos elas, que falan da devolverlle as vítimas a verdade, xustiza e reparación que levan décadas demandando.