https://podcasters.spotify.com/pod/show/as-womansplainers/episodes/Suplementacin-e3hb5qa #PodGalego #ObradoiroDixital

Suplementación by As Womansplainers
No episodio desta semana, para falarmos de suplementación, acompáñanos a María Otero, graduada en nutrición humana e dietética. Segundo a OCU, durante o ano 2025 o 60% da poboación tomou algún tipo de suplemento alimentar, pero existe realmente algún suplemento necesario para o noso organismo que non poidamos obter a través dunha dieta equilibrada de forma sinxela? Falamos sobre suplementación deportiva e do auxe dos produtos “altos en proteína”. Serven de algo ou só son estratexias publicitarias? Que beneficios ten unha dieta rica en proteínas? Coláxeno, niacinamida, produtos adelgazantes… Debatimos sobre como a suplementación alimentar vai ligada á presión estética, formando parte da cultura da obsesión coa eterna xuventude.Por último, falamos da inocuidade percibida en certos suplementos por seren “naturais” e dos perigos do seu uso sen seguimento profesional.E vós, tomades algún tipo de suplemento? Comentádenos as vosas experiencias e non perdades detalle deste novo episodio das Womansplainers!