📣 MASTODON, EU INVÓCOVOS! A ver se me podedes axudar 😁

Ando á procura dalgunha aplicación que poida instalarlle nun teléfono Android 📲 a unha persoa maior e que lle permita poñerse en contacto comigo de forma sinxela, con só un par de toques (sen ter que meter credenciais nin nada, podo deixar iso eu xa configurado).

Ocórresevos algo? 🤔 Idealmente que sexa algo non especialmente invasivo coa privacidade e sen ter que asociar a un número de teléfono.

...e para pc Linux? 💻️

Grazas! ❤️

@mixigodo opino, como xa che dixeron, que DeltaChat é unha boa solución por non requerir lembrar credenciais nin número de teléfono. Poslle un acceso directo na pantalla de inicio coa túa conversa e listo. O único «complicado» é iniciar a conversa, pero ao facerllo ti pois non ten complicación ningunha. A maiores, como permite ter varias contas no mesmo dispositivo, podes engadir a súa conta no teu para que actúe como copia de apoio en caso de «perder» o desconfigurarse a súa.

Signal permite facer copia de apoio das conversas tamén, para restablecer a conta. Pero precisas número de móbil. Para videochamadas funciona moi ben, ademáis de deixar menos metadatos (incluso) que deltachat

Opino, desgraciadamente, que jabber/xmpp non é a primeira opción.

Entendo que buscades simplicidade, privacidade e respeto, non anonimato.

Se instalas deltachat para probar, podes entrar nesta sala e preguntar por experiencias de uso o dúbidas ao respecto do seu funcionamento:

https://mastodon.gal/@ghose/116018221091738114

ghose (@[email protected])

Attached: 1 image DELTA.CHAT https://delta.chat/gl/download multiplataforma 👥 FEDIVERSO.GALEGO https://i.delta.chat/#B820034E8BB84A77E905D8A04F0BBF3ADCB6B4EB&x=rr1tsESoPdh5mfSpa-63Z8KL&i=gBWPHPv_lJq-JynZaLZubbu3&s=GMknBAfLoXYHzzTDksehBnO4&a=lh50d4xe9%40xat.mastodont.cat&n=l10n&g=fediverso.galego #deltachat #mensaxería

mastodon.gal