📣 MASTODON, EU INVÓCOVOS! A ver se me podedes axudar 😁
Ando á procura dalgunha aplicación que poida instalarlle nun teléfono Android 📲 a unha persoa maior e que lle permita poñerse en contacto comigo de forma sinxela, con só un par de toques (sen ter que meter credenciais nin nada, podo deixar iso eu xa configurado).
Ocórresevos algo? 🤔 Idealmente que sexa algo non especialmente invasivo coa privacidade e sen ter que asociar a un número de teléfono.
...e para pc Linux? 💻️
Grazas! ❤️