📣 MASTODON, EU INVÓCOVOS! A ver se me podedes axudar 😁

Ando á procura dalgunha aplicación que poida instalarlle nun teléfono Android 📲 a unha persoa maior e que lle permita poñerse en contacto comigo de forma sinxela, con só un par de toques (sen ter que meter credenciais nin nada, podo deixar iso eu xa configurado).

Ocórresevos algo? 🤔 Idealmente que sexa algo non especialmente invasivo coa privacidade e sen ter que asociar a un número de teléfono.

...e para pc Linux? 💻️

Grazas! ❤️

@mixigodo Non sei responder, pero a pregunta é interesante

@Ribadeando Estou barallando instalarlle Signal e crear un atallo a unha conversa comigo no escritorio do Android. Éme cómodo porque eu xa uso e teño instalado Signal tanto no meu dispositivo móbil coma no computador, e pode escribirme, chamarme ou videochamarme..

A pexa é que preciso vincular un número de teléfono ao Signal, podendo vincular o número a un único teléfono Android (non podo ter o mesmo número en dous dispositivos distintos... por se rompe ou perde un, por exemplo).