O Sindicato de Oficios Varios CGT Vigo súmase xunto con outras organizacións de toda Galicia á convocatoria da asociación Arelas de familias de menores e mocidade trans para unha manifestación este domingo en Santiago de Compostela pola visibilidade trans.

Como organización anarcosindicalista, apoiamos a libre expresión da identidade de cada persoa e mantemos que os dereitos das persoas trans son os dereitos de toda a humanidade.

#VisibilidadeTrans #VisibilidadTrans #LGTB #LGBTQIA