O río Sar entre Santiago e Bertamiráns, a altura da desaparecida Ponte Cabirta. Na foto non se apreza o cheiro espantoso...unha vergonza!

@tanika
non coñezo outro río en Galiza que cheire igual 🤢  (seguro que por aí arredor das outras cidades están igual). Cádrame pasar ocasionalmente ao seu carón un pouco máis abaixo e da náuseas.

Verquidos ocasionais si coñezo, pero o do Sar é un noxo perenne que debería avergoñar aos concellos implicados (de Santiago a Padrón todos). Literalmente unha cloaca.

@tanika non fai falta o cheiro, coa cor da agua faise un a idea 😔
@xurxia por non falar da escuma...e as toalliñas...en fin...
@tanika o das toalliñas non ten nome. Entendo que son prácticas para  certos casos, pero a realidade é que facemos mal uso delas, abusamos por comodidade, e tirámolas de cualquera xeito. Son contaminantes e causan moitos estragos nos ecosistemas e incluso nos caños dos edificios e nas plantas de tratamento de augas 😡
@xurxia así é! A insoportable irresponsabilidade humana...
@tanika costa a aguantar alí. Eu tiña medo de enfermar, a verdade.