Sobre aplicacións
para Pases1 (.pkpass)
lieime un pouco 
No móbil teño instalada FossWallet
, que tiña medio traducida ao #galego, pero eu monitorizaba a tradución de fwallet
, que ten o desenvolvemento parado e a min extrañábame que non vía nada que traducir pero na aplicación aparecían moitas cousas en inglés. O caso é que non sei como mirei e vin que son dous proxectos independentes. Recomendo a primeira, e xa a puxen ao día 
En lugar de instalar corenta aplicacións dos supermercados, gasolineiras, ikeas, zaras de la vida et al., instalas esta aplicación e metes o código da tarxeta fidelidade e funciona igual cando pasas pola caixa ao pagar. Outras funcións da app de marras non as tes, só o código da tarxeta, pero ti verás o que precisas no móbil 
«pases» son os ficheiros .pkpass que che envían empresas de transporte (ex. renfe) co billete da viaxe; ou entradas para concertos, fúmbol,eventos,…; ou tamén o xustificante de inscrición para eventos deportivos (corridas, andainas,…); tarxetas fidelidade de tendas; e outros usos. É simplemente un xeito estandarizado de gardar nun código de barras (ou QR) unha información. ↩︎
