The Official Cyberpunk Trading Card Game

Build Your Crew. Earn Your Legend.

Kickstarter

@ifrit @xurxodiz primeiro de todo, dicir que me fai moita gracia este cc

agora ben, como persoa que só xoga magic e o único outro tcg que probou foi one piece unha vez, e me pareceu aburrido, o deseño do xogo lémbrame moito ó tcg de one piece

ademais, ten o mesmo problema (para min) que ten riftbound, que é que as cartas non teñen stats de ataque e defensa separadas, e creo que iso reduce moito o espazo de deseño do xogo, aínda que aquí é menos problema, porque atacas directamente a criaturas

@ifrit @xurxodiz ah, e as cartas son feúchas

o sistema de maná está interesante, xuraría que é inspirado en lorcana, e creo que aí poden a futuro experimentar con cartas que, unha vez convertidas en terras, podas pagar X para darlle a volta e xerar algún efecto

o de utilizar dados como puntos e ter en conta o resultado deles para algunhas cartas é interesante, pero a saber

@ifrit @mlle_frodo Nem me chama a estética nem o que parece ser a mecánica, a verdade: a minha impresom é que é a do KeyForge pero mais embrolhada e peor executada. As vibras que me dá é de tentar sacar quartos de uma IP conhecida e pouco mais.