Dixenlle a quen mo emprestou que o ía ler e vouno facer, claro, pero non estou afeito a este tipo de novelas. Tampouco son o público obxectivo, e neste sentido, nas páxinas que lin, inquédame un pouco ler frases como:
As doutrinas anarquistas teñen un forza de atracción especial para individuos de escasa moral.
Hai que dicir que se trata dun fragmento dunha nova nun xornal que está lendo a protagonista, e ela sabe que moito do que conta o artigo é mentira, pero mostra ela mesma tamén desconfianza sobre se puidese ser verdade esta implicación política, como se ser anarquista fose un rasgo preocupante a ter en conta. Son varias frases deste estilo, non é un comentario illado.
Non sei, a ver como avanza a historia. Tampouco quero ser tiquismiquis, pero despois pasa o que pasa, que quedan palabras no subconsciente cun significado negativo e non sabes porque. Ata que lea outras cousas, se ten sorte.
Prácticamente é unha descrición contínua do que acontece arredor de Sally Jones e o que ela sinte, as dúbidas que xorden, cómo se pon na pel das outras persoas.
(comment on O mono do asasino, p. 105)
