Como somos unha colonia e estamos subordinados ás canles de distribución españolas, as froiteiras que se venden nos nosos viveiros adoitan vir do Mediterráneo, onde se producen variedades adaptadas a aquela meteoroloxía. Aquí, coa nosa humidade, moitas veces morren de noxo. #españadamecaña
Mentres, na Europa atlántica e continental, hai décadas que existen programas de investigación, hibridación, selección, etc., de variedades modernas adaptadas ao noso clima.
Para conseguilas? Hai que encontrar viveiros con tenda online que vendan a toda a UE, ademais de pagar planta a prezo de salario alemán e sumarlle o transporte.
En anos anteriores xa probei a pedir por internet unha variedade de maceira resistente á sarna e outra de pexegueiro resistente á lepra. Ambos foron todo vantaxes.
Así que, despois de moitas voltas, este ano deume polas uvas. Tamén as hai para viño, pero interésanme as de mesa e aí estamos. Xa veremos o resultado.
Hai quen me está a dicir que non é moi ecolóxico traer planta de tan lonxe. Certo, e deume dúbidas. Pero póñoo na balanza e sacrifico quecemento global (queima de gasóleo unha vez) para mellorar biodiversidade (menos fitosanitarios durante moitos anos).