Programa de Voluntariado Ambiental Interxeracional 2026 en espazos naturais

A Xunta de Galicia abre o prazo para inscribirse neste programa

Esta iniciativa ofrece un completo programa de actividades que impulsan o respecto e o coidado do patrimonio natural galego

Fins de semana desde o 13 de marzo ata o 13 de setembro

Actividade gratuíta. Inclúe desprazamento, manutención, aloxamento, seguros e actividades formativas.

https://www.coruna.gal/informacionxuvenil/gl/suceso/programa-de-voluntariado-ambiental-interxeracional-2026-en-espazos-naturais/suceso/1453913894672

https://voluntariadogalego.org/novas/programa-de-voluntariado-ambiental-interxeracional-vai-2026
#natureza

Programa de Voluntariado Ambiental Interxeracional 2026 en espazos naturais

A Xunta de Galicia, a través das Consellerías de Cultura, Lingua e Xuventude e a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, abre o prazo para inscribirse no Programa de Voluntariado Ambiental Interxeracional en espazos naturais. Esta iniciativa ofrece un completo programa de actividades que impulsan o respecto e o coidado do patrimonio natural galego.

Información Xuvenil
As actividades das persoas voluntarias participantes centraranse na preservación, limpeza e conservación destes espazos, eliminación de lixo de praias, ríos e montes, sensibilización, coñecemento dos ecosistemas, visualización mediática de rutas e análise de todas aquelas actuacións con posible incidencia no medio natural continental desde un punto de vista técnico, detectando os distintos efectos e/ou impactos ambientais.

Están programadas accións nos seguintes espazos:

Parque Nacional das Illas Atlánticas (Illa de Ons, Cíes e Cortegada)

Parques Naturais: Baixa Limia- Serra do Xurés, Complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, O Invernadeiro, Serra da Enciña da Lastra, Monte Aloia e Fragas do Eume.

Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais: Costa da Morte, Parga-Ladra-Támoga, Sistema fluvial Ulla-Deza e Betanzos-Mandeo

Paisaxes Protexidas: Val do río Navea.

Humedais Protexidos: Ría de Ribadeo e Praia das Catedrais, Complexo intermareal Umia -O Grove (A Lanzada, punta Carreirón e Lagoa Bodeira), Ría de Ortigueira e Ladrido e Lagoa e Areal de Valdoviño

4/4