Entre a policía da moral e os bloqueos indiscriminados, estase quedando un Fediverso precioso para quen lle guste vivir nun búnker 🙄

É tan difícil entender que as ferramentas de bloqueo persoal existen por algo? A moderación estrita a nivel de instancia está convertendo isto nun lugar irrespirábel. Marchamos dun algoritmo que nos di que temos que ler para caer nun moderador que nos di o que non temos que ler. Pois igual o paxaro ou o ceo azul non son tan malos lugares.

#fedidrama #fediblock

@roicou
A liberdade do fediverso consiste en que se poden migrar as contas.
O fenómeno do bloqueo de instancias non é novo.
Que eu lembre o inaugurou un tal fanta que administraba mastodon.madrid.
Tras o bloqueo seu nodo durou como un ano.
Atrás del pero asesorados por el repetiuse a movida con raw.masto.host e paquita.masto.host... ámbolos dous nodos están tamén xa desaparecidos.
Os admin pódense sentir empoderados ata o punto de bloquear nodos da rede, pero seus usuarios han botar de menos sempre poder contactar con quen lles pete.
Tempo ao tempo.