Faláronche teu pai e túa nai de bullying? E ti, como vas ter esa conversa?
Cando estaba en segundo de infantil perdín a miña primeira amiga por mor dun accidente de tráfico. Aínda hoxe me lembro dela. Se cadra, tendo nada máis que catro anos, o común sería esquecer ou polo menos superar o asunto mais para min foi especialmente importante xa que non conseguín facer outras amizades ata o instituto. Exacto, uns oito anos cheos de incomprensión, soidade e abusos de todo tipo. Era unha nena bastante "especial" polo que sen axuda dos adultos érame imposible […]
