[1/...]

O movemento internacional Boicot, Desinvestimento e Sancións (BDS) xorde para denunciar e combater o sistema de apartheid e colonización que o Estado de Israel impón sobre o pobo palestino.
A nosa loita é transparente: empregamos ferramentas de presión social contra empresas e institucións que sosteñen economicamente ou lexitiman ese réxime de opresión.

#BDS #BDSGaliza #BoicoteMcDonalds #BoicoteIsrael

[2/...]

Unha desas empresas é McDonald’s, que mantén acordos directos coa ocupación israelí: ofrece descontos ás forzas armadas de Israel, establece restaurantes en colonias ilegais e publicita activamente o seu apoio ao exército ocupante. Mentres o pobo palestino sofre bombardeos, expulsións, fame e asasinatos diarios, McDonald’s contribúe a normalizar a violencia contra Palestina e a reforzar a maquinaria do sionismo.

[3/...]

Agora, esta multinacional decidiu denunciar un compañeiro da nosa organización en Vigo, tentando intimidar e silenciar a quen alzamos a voz contra a súa complicidade co xenocidio. Esta denuncia é un ataque non só contra unha persoa, senón contra todo o movemento solidario con Palestina. É un intento de criminalizar a solidariedade internacionalista e de silenciar a denuncia dos crímenes do Estado sionista.

[4/4]

Desde BDS Galiza Vigo denunciamos esta represión e reafirmamos que non imos calar. A defensa dos dereitos do pobo palestino non é delito: é unha obriga ética e política.

Chamamos a participar na concentración diante da Cidade da Xustiza de Vigo este venres día 12 ás 10:45 h.

Non á represión, non á complicidade co sionismo, Palestina vencerá