No vello Twitter creara o cancelo #ChíoAffinity 🎞️ para reunir críticas breves a filmes e series que ía vendo. Iso "obrigábame" a facer unha pequena reflexión e a resumir a miña opinión nun número e uns poucos caracteres. E servía tamén de diario cinematográfico.

Agora vexo menos audiovisual que daquela, mais tampouco hai obriga da constancia. Neste fío, e neste cancelo, nace #TootAffinity 👇️

#TootAffinity - After the party (2023) 🏄️

Trata un tema moi delicado e faino cunha profundidade psicolóxica abismal. Engancha, pero vas querer entrar na escena a hostias en máis dunha ocasión.

9/10.

#TootAffinity - Flow, un mundo que salvar (2024) 🐱

Pequeno filme de animación de aspecto naturalista e videoxoguil (recordoume ao 'Rime'). Feita por un equipo reducido con Blender, demostrando o poder do software libre. Esaxeradamente cuqui 🤗.

8/10.

#TootAffinity - Jugar con fuego (2024) 👨‍👦‍👦

Un filme dirixido por dúas mulleres, as irmás Coulin, que, sen explicitala(s), non deixa de falar da(s) masculinidade(s). Chorei en varios momentos polo seu intimismo e intensidade; e asusteime pola realidade que representa: o auxe do fascismo entre a mocidade da Europa actual.

8/10.