estou tan desconectado das #carreiraspopulares que estaba mirando agora para inscribirme a unha e vexo que os pícaros e as pícaras agora tamén lles cobran inscrición 

de toda a vida de dios correron gratis, que diso se trata, de meterlles o vicio mentras son pequeniños (aka promoción de hábitos de vida saudábles).

Pois xa non me apuntei á carreira. ATPC, que tampouco me apetecia moito ir alí.

vou ir a #Outes, que teñen menos parefernalia, as crianzas corren gratis, non hai premios económicos para niguén (só trofeos), actividades toda a mañán no campo de fútbol e, proporcionalmente pola metade do prezo (só 3€! por un 10K con chip e todo) 

a antedita carreira está organizada e SUBVENCIONADA por

A empresa Xxxxx coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Secretaría Xeral da Lingua e da Dirección Xeral de Cultura,

respectivamente.

tamén  , á hora de inscribirse, hai un apartado que pon «Sexo». A min jodédesme a cabeza, en «plan ben», pero confundídesme moito porque son cousas que só aprendo aquí. Ao despregar as opcións só hai Home e Muller  De verdade que case elixo Muller, por molestar nada máis (que total nin premio nin hostias vou gañar). Preséntome alí e que me miren raro ao retirar o dorsal e ufano dígolles que aínda non me actualizaron o DNI, pero xa botei os papeis. Moi binario todo, non como aquí ⁂, que tamén vos digo que é o único ámbito onde teño contacto con eses matices sobre o xénero (ou «sexo»?  )