Moi ledo por ter recibido un dos Premios convocados pola USC sobre a introdución da perspectiva de xénero na investigación. A proposta presentou a investigación feita xunto con María Gómez Martín da UCA, sobre a primeira granxa escola feminina e a figura da súa promotora, Consuelo González Ramos. Nese senso, temos publicado dous artigos sobre a temática. O primeiro na revista Ayer e o segundo en Arenal. Revista de historia de las mujeres. https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/agravante-aleivosia-domestica-violencia-xenero-reeducacion-sistema-educativo-feminismo-iniciativas-premiadas-usc
A agravante de aleivosía doméstica na violencia de xénero e a reeducación do sistema educativo dende o feminismo, iniciativas premiadas pola USC | Universidade de Santiago de Compostela
Entregáronse este xoves os premios á introdución da perspectiva de xénero que xa van pola súa décimo quinta edición