Novo artigo do @zer1t0 explicando pasiño a pasiño como unir un Debian a un Active Directory (porque nos entornos privados tamén se pode meter software libre), incluíndo para que serve cada protocolo e ferramenta. Dende logo, moito lle gustan os internals a este rapaz! https://hackliza.gal/posts/linux-en-ad/
Como unir Debian a Active Directory
Boas xente, neste artigo vou amosar como unir unha máquina GNU/Linux, específicamente unha Debian, a un entorno de Active Directory. Seino, seino, Active Directory (AD) é unha ferramenta comercial do malvado Microsoft, mais por moito que nos pese, é a solución de directorio mais usada do mercado. Sen embargo, non por ter un entorno de Microsoft temos que usar Windows, inda que iso é o que lles gustaría.