Onte na #AtlanticaConf fixemos a "presentación oficial" do Visor dos sistemas municipais de abastecemento de auga en Galicia 🚰. Un traballo inxente da xente do grupo de voluntariado de Dereito Humano á Auga de ESF, con apoio de @ecoloxistas e do Laboratorio de Enxeñería Cartográfica #Cartolab da Universidade da Coruña.
Está todavía en actualización, pero xa empeza a ter datos e se pode fozar nel. Podes mandarnos comentarios ou suxerencias
+INFO: https://galicia.isf.es/blog/visor-dos-sistemas-municipais-de-abastecemento-de-auga-en-galicia/
Visor dos sistemas municipais de abastecemento de auga en Galicia - ESF Galicia

Este visor cartográfico, en permanente actualización e corrección, vén suplir a falta de información pública e accesible en Galicia sobre os sistemas de abastecemento municipais de auga potable. Foi feito en colaboración de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, Ecoloxistas en Acción e o Laboratorio de Enxeñería Cartográfica da Universidade da Coruña. Nel pódese consultar en formato […]

ESF Galicia