A eucaliptización roubou as cores do outono.
@antoniomfraga_ estaba comentando o outro día offline xustamente iso
@ghanito pola miña zona o monte ten xa as mesmas cores todo o ano.
@antoniomfraga_ Como chama a atención cando no medio da paisaxe queda un souto e vai cambiando ao longo do ano!
@mjrico Acordeime disto precisamente por un souto que vin enriba de Covés. Parecía unha illa.
@antoniomfraga_ Sei cal dis. Tamén se ve desde a casa dos meu pais e chama moitísimo a atención.

@antoniomfraga_ Sendo ainda neno, recem chegado a Andalucía, na clase preguntoume a profesora que árvores predominabam no bosque atlántico e cales no mediterráneo.
Eu contestei que as perennifolias, e no mediterráneo as caducifolias... Em Galicia os bosques de onde som os meus pais já eram case tudo pinheiros e eucaliptos. Os montes que eu conhecia, por onde eu jogava...
Em Huelva as rúas estavam cheas de plataneiros de sombra perdendo as folhas...

Roubaronnos o outono, e também a paisagem.

@antoniomfraga_ este comentario é un dos que faltaron no noso episodio sobre o outono