Hoxe comeza un dos mellores festivais. O Festival de Pardiñas en Guitiriz que organiza a Asociación Xermolos. Así que convídovos a todos a ir. Por alí andaremos coma sempre! #Xermolos#FestivalDePardiñas#Pardiñas#Guitiriz
Para quen non saiba, no Festival de Pardiñas temos sempre un cartaz artístico, que este ano mola mil. Seguro que se vos fixades atopades a alguén que coñecedes nel. #Xermolos#FestivalDePardiñas#Pardiñas#Guitiriz
O plan de hoxe (venres) é na vila mesmo de Guitiriz cos cantos de tabernas por varios locais da vila que colaboran deste xeito co Festival de Pardiñas. Aí vos quedan cales son. #Xermolos#FestivalDePardiñas#Pardiñas#Guitiriz
E, como o coñecemos por alí, o "Maratón de Pardiñas". XLIII edición da Carreira Popular do Festival de Pardiñas, que sae e chega a Pardiñas ás 19:00. #Xermolos#FestivalDePardiñas#Pardiñas#Guitiriz
@ghose Moi been. O domingo é o día tradicional no que as familias se xunta a merendar en Pardiñas todos xuntos e desfrutar do día de romaría, da música, da artesanía, da comañía e da arte en xeral