Coa primeira #laranxa no chan, inauguramos a súa tempada. Os #caquis saben moito mellor agora ca en outubro. As #feixoas vanse acabando. O tomate de aire, a ver se xa non amarga.
Este foi un ano ruín para o #arazá vermello, pero pensei que non os ía probar e aí están, pequeneiros, pero sabedores.