A Liga Galega de Billarda consolídase no panorama deportivo
A billarda volta á competición e faino con 14 equipos inscritos entre as Conferencias Noroeste e a das Rías Baixas. Ademais, a presenza de mulleres chega esta campaña a 31% e aumenta a presenza feminina na federación co nomeamento de Irene Rivas como nova vicepresidenta do Comité Técnico.