O sábado día 10 de xuño, se vos presta, vémonos na feira do libro de Ourense, contra as sete da tarde, na caseta dos amigos da @librariapedreira

Firmarei Setestrelos, Mansos ou o que mellor vos cadre, menos a rendición. ✊

#feirasdolibro
#xerais
#Setestrelo
#inspectormanso

Por se vos presta, o sábado 22 de abril, contra as 12:30 estarei polo #SoutomaiorDeLibro, presentando o #Setestrelo, falando do Manso ou do que vos apeteza!
https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/programas-municipais/soutomaior-de-libro
> Soutomaior de Libro

Gabinete de Prensa do Concello de Soutomaior

Hoxe é o #díainternacionaldaliteraturainfantilexuvenil. Non sei moi ben que é o que define a ese tipo de literatura. Non hai unha literatura para mulleres, como non hai unha literatura para altos.
Eu escribín o #Setestrelo sen contemplacións. Coa mesma furia coa que escribo todo.
Onte a revista Nós publicou unha pequena entrevista sobre o #Setestrelo
Agradecido!
Agradecidísimo a Maria Navarro pola recensión que publicou onte no Faro de Vigo sobre o meu #Setestrelo
Velaquí a entrevista que me fixo a amabilisima Lourdes Varela para o Faro da Cultura sobre o #Setestrelo
Esa foto de media páxina pareceume un chisco excesiva (o seguinte vai ser un póster central despregable?), pero a entrevista penso que quedou xeitosa.
Por se alguén ten curiosidade e quere abrir esta porta ao #Setestrelo, aquí está a entrevista que me fixo a xenerosa Maria Diaz en #PlatóAbierto de TeleVigo
https://youtu.be/vnVl7-5GGoU
PLATÓ ABIERTO 25 01 2023 - Manuel Esteban y Christian Docampo

YouTube
Pois ben. Hoxe é o día. Xa está nas librarías o #Setestrelo, a historia de Xano, Sira e Tarelo, unha novela de ciencia ficción que fala sobre ese transo misterioso e fermoso que vai desde a infancia ata o futuro.
Espero que vos preste.
A Xunta reduce un 70% a partida para edición en galego, pero estamos afeitos a vivir baixo a poalla da incerteza, fillos da negra sombra que nos pariu.
Mentres teñamos boca e mans escribiremos na nosa lingua. Mentres un lector permaneza en pé, seguiremos.
#Setestrelo
#Xerais
Dicía Louise Glück que miramos o mundo unha soa vez: na infancia.
Escribín o #Setestrelo, man a man co meu fillo mais novo, para mirar o mundo xuntos. Para falarlle do meu amor polas viaxes, pola ciencia, polas estrelas.
A partir de xaneiro quedades convidados a abrir esta porta.