A Xunta da Galiza convoca unha praza de Xefa de Litoral á medida da edil tránsfuga que precisa o PP para a moción de censura en Lugo

Reigosa é funcionaria do Estado no Servizo de Costas de Lugo. A praza ofertada, na Xefatura do Servizo Litoral en Lugo da Consellaría de Medio Ambiente, está destinada a persoal “doutra administración” e cunha titulación de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos, requisitos que coinciden co currículo académico e laboral da posíbel concelleira tránsfuga.

Nós Diario