Alguén comentou nalgunha ocasión que unha boa banda de música é aquela que é mellor no directo/en vivo que gravada.
Pola dinámica atual aplicábel á maioría dos concertos de rock, punk, etc., diría que se fai difícil afirmar tal cousa das bandas destes tipos de música. E non porque non sexan boas bandas ou capaces de facer bos directos.
Mais, como gozar dun directo amplificado de tal modo que se perden as cualidades do son?, transmitindo o que pode ser boa música con moi baixa fidelidade (quen prefire escoitar música de ficheiros mp3 que de ficheiros wav?). Música transformada en barullo.
Por non falar dos efectos prexudiciais respecto dos oídos dos oíntes.
Baseándome neste último punto, propoño o concepto de CRAS: Concerto de Rock Acústicamente/Auditivamente Saudábel.
Ou baseado no punto anterior, CRAF: Concerto de Rock de Alta Fidelidade. Aquel no que se perciben as cualidades dos distintos instrumento, as melodías, as letras, etc.
HFRC: High-Fidelity Rock Concert
HERC: Healthy Earing Rock Concert
Boa parte da responsabilidade será dos técnicos de son. Pero eles non deixan de ser mandados ás ordes das bandas de música.
