Esta curiosa entrada encontreina nun exemplar do xornal El Tea de novembro do ano 1921 #ponteareas #ElTea #historiaagraria
Esta nova do xornal El Tea recolle as categorías e os premios do concurso de gando que tivo lugar en Fornelos da Ribeira (Salvaterra) en outubro do ano 1927. Segundo conta a nova, o acto estivo organizado pola "Sociedad Juventud Progresiva Hijos de Fornelos y anexos en Buenos Aires" e foi secundado polo "Sindicato Agrícola y Ganadero El Progreso" de Fornelos da Ribeira #historiaagraria #historiaeconomica #agrarismo #ponteareas #salvaterra #ElTea
Fai perto de 100 anos, no 1926, había en Ponteareas unha oficina de información e venda de pasaxes de compañías de Hamburgo para viaxar cara América en barcos a vapor. En xornais como El Tea era habitual a aparición de anuncios para viaxar a diferentes países de América, ata onde emigraron tantas persoas do Condado #historiaeconomica #ElTea #emigracion