#AltriNON #AltriLIXO https://praza.gal/cultura/redondela-celebrou-o-altrilixo-malia-a-presion-da-consellaria-aos-colexios
Redondela celebrou o 'ALTRILixo' malia a "presión" da Consellaría aos colexios - Praza Pública
Días antes do inicio do festival artístico ecoloxista ArteLixo, que este ano xiraba ao redor do proxecto de Altri e mesmo mudou o seu nome, os centros de ensino incluídos no certame recibiron unha comunicación da Inspección Educativa preguntando pola súa participación. Anpas, sindicatos, o Concello e a propia organización do evento criticaron o envío, no que ven unha forma de "amedrentar" o profesorado.